martes, 20 de diciembre de 2011

Outra tarde de traballo voluntario na árbore de Sierpinski

Os alumnos de 3º ESO B acudiron voluntariamente ao centro tres tardes para construir a árbore de Sierpinski, a primeira das tardes foi para ver o espazo onde pensabamos colocar a árbore, tomar medidas e decidir que tamaño tería a nosa construcción final. As outras dúas pasaron o tempo elaborando tetraedros e pegando os distintos módulos.

sábado, 17 de diciembre de 2011

Actividade 2, árbore de Sierpinski

Para construir a nosa árbore comezamos por unir catro tetraedros para formar un tetraedro maior. Cal é a superficie do novo tetraedro?

viernes, 16 de diciembre de 2011

Árbore de Nadal matemática

Aquí vemos o traballo realizado polo alumnado do Instituto para a construcción dunha árbore de Nadal matemática. A árbore constrúese con pequenos tetraedros elaborados mediante papiroflexia modular. É un traballo meticuloso, que require paciencia, precisión e moitas horas dobrando papeis.
 Na elaboración dos tetraedros participan moitos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato. Agrupamos 4 tetraedros para construir un tetraedro máis grande e, con estes 4 tetraedros grandes elaboramos un tetraedro aínda maior e, así sucesivamente... A figura final chámase tetraedro de Sierpinski. Nas seguinte proxección de fotos veremos reflectido o traballo da elaboración e montaxe dos primeiros 292 tetraedros.
 Ainda nos queda moito por facer e pouco tempo. Aínda así estou certa que co gran traballo do alumnado de 3º B que son os arquitectos encargados da obra seguro que acabamos a tempo.!
 A parte de traballar a visión espacial moi necesaria para as matemáticas, É primordial a manipulación de elementos básicos da xeometría tales como polígonos regulares, ángulos, poliedros... que se efectúa mediante este traballo. Ao mesmo tempo coa excusa de facer a árbore imos resolvendo pequenos problemas relacionados con áreas, volumes e repetición de patróns.
 Para ver as fotos do traballo sigue lendo este artigo...

jueves, 15 de diciembre de 2011

Actividade 1 árbore Sierpinski

Se medides cada un dos tetraedros que estades elaborando poderedes observar que a súa aresta é de 6 cm. Poderías calcular a área e o volumen dun deles?

Podes deixar a túa resposta en forma de comentario