Mostrando entradas con la etiqueta xeometría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xeometría. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de octubre de 2013

Círculo inscrito nun cadrado

No seguinte video de lasmatematicas.es resólvese paso a paso o cálculo da área dun círculo inscrito nun cadrado do que coñecemos o seu perímetro.




Neste outro calcúlase a área dun cadrado do que coñecemos a lonxitude do círculo inscrito.

viernes, 15 de febrero de 2013

Poliedros regulares

Páxina adicada aos poliedros regulares
Como construir poliedros regulares con palliñas de plástico

Táboa das características dos poliedros regulares:
Moito coidado que esta ficha escaneada dunha das vosas compañeiras ten un fallo no número de arestas do hexaedro e do octaedro, son doce como se pode ver ao calcular a fórmula de Euler.



domingo, 27 de enero de 2013

Fotografía en Curso

Como xa sabedes no mes de decembro fumos seleccionados para formar parte de proxecto Fotografía en Curso. Este proxecto é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica.
Imos comezar o traballo con os dous terceiros de ESO e coa temática "Espazos Baleiros"
Tras a presentación do proxecto nas aulas, os alumnos e alumnas de 3º ESO B estiveron traballando na temática proposta, e tras a formación de tres grupos de 7 compoñentes houbo unha reflexión colectiva para tomar a primeira fotografía.
Cada grupo realizou un único disparo. Tanto a foto do primeiro como a do segundo grupo están movidas, subo aquí a do terceiro grupo onde estaban Carlos, Mar; Marta, Nataly... Fernando

Que elementos matemáticos podemos observar na foto? Buscade cando menos tres expresiones relacionadas coas matemáticas que podades relacionar coa fotografía.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

tetraedro 1ª parte

Para elaborar un tetraedro en papiroflexia modular necesitamos dúas pezas, No seguinte video móstrase como acadar a medida do papel que necesitamos.
Comezamos cun folio e unha vez retirado o rectángulo sobrante dividiremos o outro noutros dous rectángulos que acabarán sendo as pezas coas que se montará o tetraedro.
A elaboración das pezas móstrase no artigo "tetraedro 2"


Módulo sonobe 2

Unha vez que temos os dous rectángulos coas medidas precisas, ver tetraedro 1, podemos elaborar as pezas necesarias para montar o tetraedro.
Un tetraedro necesita duás pezas iguais pero con distinta orientación.


domingo, 24 de junio de 2012

Laberintos. Traballo do alumnado

Neste artigo iremos colgando todos os vosos traballos relacionados coa actividade dos laberintos. Traballo realizado por Lucía Otero, Samantha, Nerea Gómez e Isabel Uzal  Laberintos

miércoles, 20 de junio de 2012

Carreira polos laberintos

A pesar do vento do sur e dunhas pingas de auga que nos mollaron, a actividade de deseño de laberintos na praia rematou con esta carreira colectiva.
Pasamos unha mañán entretida acercando as matemáticas á vida real. Despois de participar no concurso Open Matemático que este ano levaba o lema dos laberintos, so quedaba pechar o ciclo facendo algunha actividade relacionada con eles. Primeiro tentamos pintar un laberinto no patio do centro, que quedase de forma permanente para disfrute do alumnado  pero os recortes presupostarios impediron que o poidéramos realizar. Finalmente optamos por unha obra efímera sen continuidade no tempo, sen embargo a parte lúdica cobrou máis forza como podedes observar no video que sigue.


viernes, 15 de junio de 2012

Algo máis sobre laberintos

Para ir preparando a actividade sobre laberintos que imos a realizar na praia a semana que ven
aquí tedes un pouco máis de información nesta bonita presentación de Mauro Romero

Open publication - Free publishing - More laberintos

No seguinte blogue  Pinturas de Javier Ventura podedes ver seis pinturas do "Minotúnido e o laberinto da almadraba"

martes, 20 de diciembre de 2011

Outra tarde de traballo voluntario na árbore de Sierpinski

Os alumnos de 3º ESO B acudiron voluntariamente ao centro tres tardes para construir a árbore de Sierpinski, a primeira das tardes foi para ver o espazo onde pensabamos colocar a árbore, tomar medidas e decidir que tamaño tería a nosa construcción final. As outras dúas pasaron o tempo elaborando tetraedros e pegando os distintos módulos.

viernes, 16 de diciembre de 2011

Árbore de Nadal matemática

Aquí vemos o traballo realizado polo alumnado do Instituto para a construcción dunha árbore de Nadal matemática. A árbore constrúese con pequenos tetraedros elaborados mediante papiroflexia modular. É un traballo meticuloso, que require paciencia, precisión e moitas horas dobrando papeis.
 Na elaboración dos tetraedros participan moitos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato. Agrupamos 4 tetraedros para construir un tetraedro máis grande e, con estes 4 tetraedros grandes elaboramos un tetraedro aínda maior e, así sucesivamente... A figura final chámase tetraedro de Sierpinski. Nas seguinte proxección de fotos veremos reflectido o traballo da elaboración e montaxe dos primeiros 292 tetraedros.
 Ainda nos queda moito por facer e pouco tempo. Aínda así estou certa que co gran traballo do alumnado de 3º B que son os arquitectos encargados da obra seguro que acabamos a tempo.!
 A parte de traballar a visión espacial moi necesaria para as matemáticas, É primordial a manipulación de elementos básicos da xeometría tales como polígonos regulares, ángulos, poliedros... que se efectúa mediante este traballo. Ao mesmo tempo coa excusa de facer a árbore imos resolvendo pequenos problemas relacionados con áreas, volumes e repetición de patróns.
 Para ver as fotos do traballo sigue lendo este artigo...

domingo, 11 de diciembre de 2011

Construcción de mosaicos de Escher

Este Nadal teredes que debuxar un mosaico seguindo o modelo de Escher, na seguinte páxina web atoparedes as reglas que tedes que ter en conta para facer o mosaico. Deberedes elaborar dúas láminas. Unha será para o debuxo do mosaico coloreado e a outra para o esquema dos pasos que seguiches para construir o teu mosaico.
Teselaciones de Escher

domingo, 4 de diciembre de 2011

Como facer a árbore de Nadal matemática

Entre as opcións que barallamos para facer a árbore de Nadal utilizando papiroflexia modular estaba a idea de Carmen, un tetraedro de Sierpisky, na última reunión decidimos que o tetraedro de Sierpinski fose a copa da árbore. Neste artigo podedes ver como é o fractal que imos a utilizar o tetraedro de Sierpiski.

MATEMATICAS 3 fasciculo26