viernes, 21 de marzo de 2014

A propiedade de Joel

Joel Rodríguez alumno de 3º de ESO descubreu unha curiosa propiedade matemática que seguramente xa sexa coñecida para outros matemáticos, pero iso non lle resta mérito ao seu descubremento.

Estábamos calculando diferenzas de cadrados na aula e mandeilles un exercicio para facer na casa, ao día seguinte comentou que a diferenza de dous números ao cadrado coincidía coa suma deses números, eu, ao primeiro non lle prestei atención xa que esa propiedade non é certa en xeral.

Ese día quedei pensando no que dixera Joel e deime conta de que o que realmente quería decir era que esa propiedade era certa cando os números eran consecutivos, ao día seguinte na aula feliciteino porque a pesar de que eu non lle prestara atención a súa idea es seguiu pensando que era certa, probando deste xeito o dificil camiño dos investigadores que ademáis de ter que lidiar cos baixos ou nulos presupostos para investigación tamén teñen que tentar convencer ao mundo de que os seus resultados son certos.

Noraboa Joel!

No seu honor imos chamala a propiedade de Joel:

A diferenza dos cadrados de dous números consecutivos é igual a suma dos dous números