lunes, 28 de enero de 2013

3ª Xornada

Adrián e Claudia finalmente e despois de moitos correos, chamadas e escaneo non atenderon a vosa reclamación na cuestión c do problema 6 da 2ª xornada. Esperemos pola clasificación xeral!
Xa está aquí a terceira xornada do Open, lembrade que o último día de entrega é o luns 4 de febreiro



domingo, 27 de enero de 2013

Fotografía en Curso

Como xa sabedes no mes de decembro fumos seleccionados para formar parte de proxecto Fotografía en Curso. Este proxecto é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica.
Imos comezar o traballo con os dous terceiros de ESO e coa temática "Espazos Baleiros"
Tras a presentación do proxecto nas aulas, os alumnos e alumnas de 3º ESO B estiveron traballando na temática proposta, e tras a formación de tres grupos de 7 compoñentes houbo unha reflexión colectiva para tomar a primeira fotografía.
Cada grupo realizou un único disparo. Tanto a foto do primeiro como a do segundo grupo están movidas, subo aquí a do terceiro grupo onde estaban Carlos, Mar; Marta, Nataly... Fernando

Que elementos matemáticos podemos observar na foto? Buscade cando menos tres expresiones relacionadas coas matemáticas que podades relacionar coa fotografía.

miércoles, 23 de enero de 2013

Möebius

Como ben sabedes, este ano o tópico do concurso Open Matemático é a banda de möebius. August Möebius foi un matemático Alemán que naceu en 1790 e viviu ata o ano 1868. El construiu a banda por primeira vez.
Se buscades Möebius na wikipedia atoparedes a seguinte información sobre arte e a banda de Möebius:

La banda de Möbius en el arte Pintura mural.

 Johan Sebastian Bach compuso un canon cuya partitura, al ejecutarse, guarda semejanza con la forma de una banda de Möbius.2 El artista M. C. Escher utilizó la banda de Moebius como motivo principal en diversas obras.3 El libro de cuentos Queremos tanto a Glenda, del escritor argentino Julio Cortázar, publicado en 1980, cuenta con una composición titulada Anillo de Moebius.4 El 17 de octubre de 1996, se estrenó la película Moebius,5 6 realizada en Argentina. Dicha película hace referencia a la teoría de la cinta que lleva el mismo nombre, aplicada a una supuesta red de subterráneos de la Ciudad de Buenos Aires ampliada. Se basa en un cuento de A. J. Deutsch, A Subway Named Moebius (1950). Tamén podedes ver este video en portugués.




2ª Xornada

Este ano temos 20 alumnos e alumnas participando no Open Matemático, son de 1º ESO C, de 3º ESO A, de 3º ESO B e de 1º de Bacharelato A. Xa temos aquí os problemas da 2ª Xornada!, esta vez so tedes que resolver 2 problemas cons dúas cuestións en cada problema. Deberedes transformar un grupo de moedas que forman un debuxo noutro debuxo distinto. Ánimo e a traballar! Lembrade que esta xornada remata o luns 28 de xaneiro.

martes, 8 de enero de 2013

Open Matemático

Comeza como todos os anos o Open Matemático. Nesta edición cúmprense 25 anos de concurso e o tópico é  a banda de Möebius.
Grazas ao Colectivo Frontera de Matemáticas e especialmente ao profesor Antonio Ledesma do IES Requena en Valencia pola creación deste estupendo concurso.


A primeira tanda de problemas: