Aquí vemos o traballo realizado polo alumnado do Instituto para a construcción dunha árbore de Nadal matemática. A árbore constrúese con pequenos tetraedros elaborados mediante papiroflexia modular. É un traballo meticuloso, que require paciencia, precisión e moitas horas dobrando papeis.
Na elaboración dos tetraedros participan moitos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato.
Agrupamos 4 tetraedros para construir un tetraedro máis grande e, con estes 4 tetraedros grandes elaboramos un tetraedro aínda maior e, así sucesivamente... A figura final chámase tetraedro de Sierpinski.
Nas seguinte proxección de fotos veremos reflectido o traballo da elaboración e montaxe dos primeiros 292 tetraedros.
Ainda nos queda moito por facer e pouco tempo. Aínda así estou certa que co gran traballo do alumnado de 3º B que son os arquitectos encargados da obra seguro que acabamos a tempo.!
A parte de traballar a visión espacial moi necesaria para as matemáticas, É primordial a manipulación de elementos básicos da xeometría tales como polígonos regulares, ángulos, poliedros... que se efectúa mediante este traballo. Ao mesmo tempo coa excusa de facer a árbore imos resolvendo pequenos problemas relacionados con áreas, volumes e repetición de patróns.
Para ver as fotos do traballo sigue lendo este artigo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario